Análise de Cuencas Sedimentarias

Contacto

Enderezo
Facultade de ciencias do mar (campus de Vigo, Lagoas-Marcosende).
Teléfono
986812651
Correo electrónico
Páxina web
http://basan.webs.uvigo.es/

Ámbito de investigación

Liñas de investigación
Estudo de unidades sedimentarias, interrupcións sedimentarias e idades.
Cartografía en medios continentais mediante técnicas de campo.
Cartografía mariña mediante técnicas xeofísicas.
Caracterización de medios sedimentarios actuais e antigos mediante análise de facies, asociacións de facies e secuencias en seccións estratigráficas e en rexistros de sísmica de reflexión.
Reconstruccións paleoambientais e paleontolóxicas aplicadas a estudos de xeoloxía histórica, cambios climáticos, cambios antropoxénicos e variacións do nivel do mar.
Historia ecolóxica e restauración de ecosistemas.
Determinación de procesos de transporte e sedimentación.
Técnicas moleculares para o estudo da expresión xénica, identificación molecular de especies de peixes e moluscos, taxonomía integrada, identificación de metaxenomas en sedimentos mariños e auga filtrada, e estudos de relacións evolutivas e poboacionais.
Palabras chave
Estratigrafía sísmica secuencial, soar de barrido lateral, ecosondas, metano bioxénico, contido de materia orgánica, potencial redox, pole, dinocistes, palinomorfos non polínicos, estudos de metaxenómica, extracción de ADN e de ARN ribosómico 16S en organismos e probas ambientais, pole, análise elemental, granulometría

Oferta tecnolóxica

Servizos ofertados
Mapas de fondos mariños actuais: soar de barrido lateral e ecosondas mono e multihaz.
Procesado de backscatter de multihaz para a caracterización de sedimentos superficiais.
Cartografía de corpos sedimentarios.
Mapas de isopacas de unidades sedimentarias.
Cartografía de acumulacións e escapes de gas.
Estratigrafía sísmica monocanal e multicanal.
Detección e caracterización de gas somero mediante técnicas xeofísicas de mostraxe directo: identificación de acumulacións e/ou escape de gas. implicacións climático-ambientais e riscos xeológicos.
Mapas de profundidade das acumulaciones de gas.
Arquitectura 3D estratigráfica.
Estudos xeofísicos aplicados á prospección arqueolóxica subaquática.
Estudos xeoquímicos (caracterización de materia orgánica, análise de gases, procesos redox, análise moleculares) en sedimentos continentais e mariños.
Estudos palinolóxicos e paleobotánicos en ambientais continentais (unidades litolóxicas, lagos, turberas, solos) mariños e contextos arqueolóxicos.
Reconstruccións paleoambientais e da paisaxe.
Restauración ambiental
DNA barcoding (moluscos e peixes).
Produción de librerías xénicas de arn ribosómico 16S.
Identificación de metaxenomas mediante inferencia bayesiana.

Research results